miércoles, 26 de marzo de 2008

COMUNICADO DE PRESENTACION

Compañeir@s, poñémonos en contacto con tod@s vos para informar dunha nova iniciativa da nosa cidade.Hoxe en dia, nesta sociedade capitalista globalizada que nos tocou vivir, onde o liberalismo e a destrucción continuada de pobos e culturas como a nosa están á orde do día, queremos anunciarvos a creación de BAF Corunha (Bruigadas Antifascistas Corunha). Podemos definir BAF Corunha como unha forma organizada de loitar contra o fascismo que por desgracia reina na nosa sociedade: tanto no ámbito político, coma social ou cultural. Nós tentaremos rematar con esa escoria que ameaza as nosas vidas e as nosas liberdades como persoas e como galeg@s.

Somos un grupo de moz@s da cidade, fart@s da expansión do fascismo nas nosas rúas que tamen se quere preocupar pola dignificación da cultura galega e facer chegar a nosa mensaxe ao pobo, cremos que hai que reivindicar o que é noso, e estamos fart@s de aturar toda esa merda que dende o concello se está a propagar por toda a comarca con total impunidade.

Para rematar, gustarianos convidarvos a asistir a vindeiras actividades do noso grupo, asi como consultarnos calqueira dúbida que teñades. Para mais información aqui tedes o noso correo á vosa disposición: baf_corunha@hotmail.com

CONTRA O FASCISMO, NIN UN PASO ATRAS!!