martes, 30 de noviembre de 2010

Manifa contra o desaloxo das Atochas e concertazo solidario



Xa quedou marcada a data do SÁBADO 11 de DECEMBRO para a manifa contra o desaloxo do C.S.O Casa das Atochas. Sairá ás 18:00h do Campo de Marte ( Monte Alto, A Coruña). Haberá máis movilizacións das que vos iremos informando.

Por outra banda, o vindeiro SÁBADO 4 de DECEMBRO realizarase un CONCIERTAZO do COPÓN BENDITO e unha FESTA da REHOSTIA en solidaridade coa casa e contra o desaloxo. De primeiras haberá un xantador popular vegano arredor das 14:30h . Ás 19:00h empezarán as actuacións dos seguintes grupos :

- Sofy Major
- Nhio
- Diskoiira
- Black Panda
- Hongo
- K-dukaos
-Por aki van los tiros
- Folklólicos
- Nashgull
- Pandilla Basura
- Codia
- Inu

Por mor do precipitado do concerto podería variar o cartaz .

¡¡¡¡ TODXS COA ATOCHA ALTA(nº14) !!!!

lunes, 29 de noviembre de 2010

ALARMA! orde de desaloxo a partir do 9 de decembro (C.S.O. Casa das Atochas)




Xa están aquí!
(espertando o pesadelo)

Hai case 3 anos que comezou todo, hai case 3 anos que o asemblearismo, a horizontalidade e a autoxestión establécense nas nosas vidas como unha realidade, case 3 anos que desafiamos a lóxica probable do evidente, alcanzando así o principio dun longo camiño incerto, cuxo final está aínda por escribir. Case 3 anos que a reafirmación persoal e colectiva duns principios de participación afloraron polos poros da nosa pel e tímidamente ameazan con romper a coraza de medo na que se foi convertindo, lentamente, o noso corpo. 3 anos nos que a utopía do descoñecido vencía por fin á rutina condicionada e aplastante do cotián.

Onde, por e para todxs, é sentida a significación máis profunda do «faino ti mesmx» creando así un espazo de desarrollo creativo político e social.

Tan só 3 anos…, como pasa o tempo…

Aínda se recorda como era todo antes; a frustración, a decepción, o non atopar nin o tempo nin o lugar… o non entender porque aquí era imposible o que en calquera outra parte era real. Qué malos tempos!

Pois ben, por fin séntese que o tempo é agora. Por fin séntese que o lugar é aquí.

Hoxe compréndese que só nós somos capaces de conseguilo. Que non necesitamos nin intermediarixs nin promesas que nos iluminen.

Por fin démonos de conta de que nas nosas mans están as rendas das nosas vidas e nos nosos corazóns os idearios de liberdade, de igualdade, de xustiza e de apoio mutuo.

Hoxe é agora, e agora é o momento.

Hoxe por todxs e mañá tamén.

SOLIDARÍZATE E LOITA!


http://www.casadasatochas.info/2010/11/29/alarma-orde-de-desaloxo/




Dende BAF Corunha queremos manifestar tudo o nosso apoio e a nossa total solidariedade co C.S.O. Casa das Atochas.

A Casa das Atochas non se desaloxa!