miércoles, 23 de abril de 2008

¡CARLOS LIBERDADE!


Hoxe cúmprense 3 meses dende o día no que o estado espanhol secuestrou ao noso compañeiro, ao noso amigo, ao noso veciño, Carlos Cela Seoane. Leva 3 meses nunha cárcere fora da Galiza, lonxe da súa xente, sen probas fundadas que o poidan relacionar co terrorismo do cal se lle acusa. Hoxe Carlos está detido por ser comunista e polo seu apoio afectivo e tendencia básica de roupa e alimentos a@s seus familiares pres@s. ¿Iso é o que chaman hoxe en día terrorismo?

Dende BAF Corunha queremos reivindicar os dereitos de tod@s @s pres@s polític@s, porque ninguén é culpable mentres non se demostre o contrario e nesta "democracia" parece ser ao revés xa que neste caso non hai probas, non atoparon armas nin explosivos no domicilio do noso compañeiro. Pedimos a máxima solidariedade xa que calquera de nós podemos ser @s seguintes en ser secuestrad@s por este estado opresor, asasino e fascista, no que coas verbas "presunto terrorista" xustifican tódolos seus actos cando os verdadeiros terroristas son eles.

Se queredes amosarlle a vosa solidariedade:
PRISSON DE MADRID III Ctra. Pinto - San Martin de La Vega, km 5. 28340 – Valdemoro – Madrid

TOD@S SOMOS CARLOS
TOD@S SOMOS ANTIFASCISTAS
LIBERDADE PRES@S POLITIC@S

No hay comentarios: