martes, 8 de julio de 2008

CARTA DE CARLOS POR O CONCERTO NO SEU APOIO

Valdemoro 19 de Xuño do 2008

Dende dentro destes muros de cemento, ollando o ceo azul, quero atrapar as vosas miradas, quero sentir os vosos sorrisos, quero escoitar os vosos berros e abofé que esta noite o consigo. Por iso, porque aínda que vos pareza mentira e os ladróns de soños non acaden a descifrar; a pesares da censura das cartas esta noite tan especial estou convosco, por iso unha aperta moi grande, sí desas que dou eu... para @s organizadores/as do concerto gracias polo voso esforzo, para os grupos de música, gracias pola vosa solidariedade, para @s que estades asistindo gracias pola vosa presenza.

Mas sería unha aperta incompleta se nom incluira as/os outr@s ausentes, aos Davides, as Iolandas, aos Uxíos, as Gianas, as Maria José, aos Marcos, aos Santis, aos Xosé Manuel, aos Susos, aos Pacos... aos que sofren a política carcelaria e resisten; aos que están lonxe da casa e resisten, aos que están aillados dos seus propios compañeiros e resisten, aos que, apesares de todo, manteñen o puño erguido e a cabeza alta, eles tamén están esta noite aquí, tamém están!

Corren tempos duros, tempos onde as mobilizaçons obreiras son reprimidas son saña e a única saída que lles deixan é a sabotaxe e a acción directa, tempos onde as alcaldesas son encarceradas sem mais, tempos onde a solidariedade cos e coas presas políticas é condeada a penas entre 10 e 13 anos coma no recente xuizo a Gestoras... Por iso, nestes tempos duros cómpre unirse, cómpre chamar a Unidade Antifascista, cómpre non torcer a cara nen mirar para outro lado, cómpre mobilizarse ante a inxustiza.

Mirando o horizonte, vendo coma anoitece, as nubes coas diversas tonalidades... esta noite boto con vós ao ritmo da música, compartindo a vosa ledicia mas nom esquezades as e os presos politicos porque sinxelamente formamos parte de vós.
Unha aperta revolucionaria.

Carlos Cela

No hay comentarios: